Desde a rede confederal de Cáritas lembran que marcar conxuntamente o ‘X’ da Igrexa e a de Fins Sociais non supón pagar máis nin que lle devolvan menos.
A rede confederal de Cáritas recibiu en 2022 máis de 24,4 millóns de euros do ‘X solidario’ da Declaración da Renda, uns fondos que foron destinados a distintos programas relacionados co acompañamento de persoas e familias en situación de vulnerabilidade.
“A solidariedade dos contribuíntes españois a través dos recadros da asignación tributaria permite a Cáritas poñer en marcha cada ano centos de proxectos sociais, xa que, como entidade do terceiro sector de acción social, obtén fondos a través da casa de ‘outros fins sociais’ e tamén do recadro destinado á Igrexa católica, ao ser a confederación oficial das entidades de acción caritativa e social da Igrexa en España”, explicou Eduardo López, do equipo de Sensibilización e Comunicación en Cáritas Española.
Así, Cáritas sinalou que o contribuínte pode “multiplicar a súa solidariedade ao achegar o 1,4% dos seus impostos tanto ao sostemento da Igrexa como aos fins sociais”. “Este sinxelo xesto non supón pagar máis nin que se lle vaia a devolver menos no resultado da súa declaración”, indicou.
O ano pasado, o 53% das persoas contribuíntes marcaron o recadro solidario da renda, superando os 11,7 millóns de persoas. Aínda que, hai un 47% que non o fan, ou ben porque marca soamente o recadro da Igrexa católica ou porque non marca ningún dos dous.
Durante a presentación da campaña da X Solidaria, a Plataforma de ONG de Acción Social (POAS) lembrou que, se todos os contribuíntes marcasen o recadro doutros fins sociais, as organizacións do terceiro sector poderían recibir este ano preto de 704 millóns de euros en lugar dos 425 que obtiveron da asignación tributaria, segundo o balance dos datos provisionais facilitados por Facenda.
Por iso, con motivo do inicio da campaña da Renda 2023, Cáritas lanzou a iniciativa ‘Non custa nada axudar X dous‘ para convidar á sociedade para marcar as dúas casas.
En Mondoñedo-Ferrol, con motivo do inicio da Campaña da Renda 2023, a diocese e Cáritas únense para lanzar conxuntamente a campaña “Non custa nada axudar por dous”, onde se convida á cidadanía para marcar o dobre “X” na súa declaración. As dúas entidades informaron a través dunha rolda de prensa sobre a relevancia da asignación tributaria para o desenvolvemento das súas actividades.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















