O martes 18 de xullo tivo unha das súas reunións habituais o cabido da catedral de Mondoñedo. A reunión celebrouse na sala de conferencias habilitada na Casa dos Cóengos, un espazo que reúne as condicións necesarias para este tipo de encontros, máis adecuado que a tradicional sala capitular.

Neste espazo colocáronse oito cadros que recollen os retratos dos últimos bispos da sé mindoniense, desde Benjamín de Arriba e Castro (1935-1944) ata Luis Ángel de las Heras Berzal (2016-2020), pasando por Fernando Quiroga Palacios (1946-1949), Mariano Vega Mestre (1950-1957), Jacinto Argaya Goicoechea (1957-1968), Miguel Anxo Araújo Iglesias (1970-1985), José Gea Escolano (1987-2005) e Manuel Sánchez Monge (2005-2015). Desta maneira complétase a serie de retratos que se conservaba na catedral, recuperando un elemento importante do que significa a memoria da Igrexa diocesana do século pasado.
A catedral, sé do bispo, sendo templo nai de todas as igrexas da diocese, alberga a cátedra desde a que o bispo ensina, santifica e rexe ao pobo de Deus. Por iso, na celebración do comezo do ministerio episcopal, o acto central constitúeo a toma de posesión da cátedra, na que o novo bispo senta na sé episcopal.
Ademais, os bispos, como sucesores dos apóstolos, gardan esa sucesión que lles vincula multisecularmente uns a outros na historia. Por iso é polo que todas as catedrais gardan unha galería dos seus bispos na que expoñen os retratos dos que ostentaron a cátedra, expresando así a importancia desa sucesión.
Tamén a catedral de Mondoñedo conserva algúns deses retratos, dispostos na sala capitular. Con todo, esta memoria perdeuse desde mediados do século pasado, polo que o cabido quixo emendar este defecto recuperando algúns dos retratos dos bispos diocesanos. Para iso utilizáronse cadros e fotografías xa existentes, que foron preparados adecuadamente e dado uniformidade.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















