Obras de restauración na catedral de Mondoñedo

Esta semana comezaron as obras de restauración dalgúns elementos da catedral de Mondoñedo. En concreto, trátase da recuperación dos púlpitos e dos diferentes candeeiros que sosteñen as velas, o cirio e a cruz e que están habitualmente no presbiterio da catedral.

Trátase dunha intervención que completa o realizado nos últimos meses onde, tras a restauración do retablo e das pinturas murais, redistribuíuse o espazo celebrativo da catedral para dar máis prioridade á cátedra e para recuperar o baptisterio. A intervención conta co necesario permiso da comisión de Patrimonio da Xunta de Galicia e está realizada pola empresa “Babelia”. Esta empresa é precisamente a que realizou as obras de restauración do retablo catedralicio.

O financiamento lévase a cabo con recursos propios do cabido e axudarán a recuperar algúns elementos singulares do rico patrimonio que se conserva. En concreto, trátase de obras do século XVIII que ocuparon un posto importante na liturxia da catedral.

Durante estes días, na visita que se faga á catedral, poderanse observar in situ as obras de intervención que levan adiante a través de tres técnicos da empresa. Segundo eles mesmos sinalaron, é un engadido á interesante visita que xa supón a propia catedral, “porque se descobre como se realizaban estas obras e a tarefa minuciosa que supón sempre a restauración”.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas