A catedral presenta unha nova visita para contemplar Mondoñedo desde as alturas

A diocese de Mondoñedo-Ferrol, o cabido da catedral e ArtiSplendore presentarán a visita “Altius: Contemplando Mondoñedo desde a Paula”, un exclusivo percorrido, único e especial que permitirá ao visitante gozar dunhas impresionantes vistas desde a famosa “Paula”, a campá mindoniense, que usa o toque, actualmente declarado Patrimonio Inmaterial de Interese Cultural.

Na presentación desta nova visita, o mércores 29 de marzo ás 10:30 horas, intervirán o bispo de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos; o deán da catedral, Pedro Díaz Fernández; e Eva Expósito, en representación de ArtiSplendore, empresa responsable do acompañamento turístico e cultural da catedral.

Nesta nova visita poderanse contemplar os salóns góticos da catedral, onde se atopa o museo catedralicio, que garda máis de 300 pezas únicas. Haberá a posibilidade de asomarse ao balcón do bispo, situado nestas estancias, e cruzar polo rosetón, finalizando a visita nas cubertas da fachada, para contemplar unha panorámica da cidade de Mondoñedo de 360º.

En Semana Santa está previsto un horario especial de apertura. O Xoves Santo realizarase unha visita ás 11:30 horas e ás 13:00 horas. E o Sábado Santo poderase visitar ás 11:30 horas, ás 13:00 horas e ás 17:00 horas. A partir do 14 de abril as visitas desenvolveranse os venres ás 17:00 horas e os sábados ás 11:30 horas e 13:00 horas.

Máis información sobre os horarios, tarifas e entradas en www.catedralmondoñedo.com

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas