Contaxiar a beleza do evanxeo nun tempo e lugar concretos é sempre un reto apaixonante. Hoxe sabémolo con claridade: para conseguilo, necesitamos a colaboración de todo o pobo de Deus.
Son xa moitas as persoas que contribúen a múltiples e diversas tarefas eclesiais, cada unha segundo a fe e os dons que Deus lle deu. Todos son necesarios. Pero hoxe, como sempre, fannos falta líderes inspiradores, mulleres e homes con corazón pastoral, capaces de identificar e desenvolver os numerosos carismas que existen en cada comunidade, a maioría deles aínda por descubrir.
“Discípulos agradecidos” quere axudar a conseguir comunidades cunha identidade forte, cuxos membros sentan corresponsables na tarefa evanxelizadora da Igrexa e por iso estean dispostos a contribuír cos medios necesarios para o desenvolvemento desa misión.
Naquelas parroquias, movementos e demais organizacións eclesiais nas que exista un arraigado sentimento de pertenza, non vai faltar nunca capacidade para soster actividades e desenvolver outras novas, grazas ao traballo voluntario, a oración e o apoio económico de quen sinta como súas.
Que ofrece “Discípulos agradecidos?:
· Formación para o clero, axentes de pastoral e voluntarios: Queremos axudar a que as parroquias do século XXI se convertan en verdadeiras comunidades de discípulos misioneiros. Pode descender o número de membros, pero tamén pode aumentar o sentido de pertenza e o compromiso nun “núcleo duro”.
· Materiais, recursos audiovisuais e boas prácticas: Con frecuencia, moitas tarefas da Igrexa recaen nunhas poucas persoas. Falta tempo para chegar a todo. Por iso, este espazo quere compartir materiais, recursos audiovisuais e boas prácticas, facilitando así o traballo nas parroquias.
· Unha plataforma onde conectar con outros discípulos agradecidos: Hai xa moitos sacerdotes, relixiosas, relixiosos, axentes de pastoral e voluntarios impulsando a corresponsabilidade nas súas comunidades. Queremos tecer unha rede e conformar unha gran comunidade virtual de seguidores agradecidos de Xesús.
Máis información en discipulosagradecidos.com
Curso en liña sobre corresponsabilidade parroquial
O curso está dirixido a calquera sacerdote, relixioso/a, laico/a, axente de pastoral, colaborador… que queira impulsar na súa parroquia ou comunidade a corresponsabilidade como forma de vida, potenciando o compromiso dos fieis. Total tempo de dedicación
estimado: un mínimo de tres horas mensuais, de setembro do 2023 a xuño de 2024. Modalidade en liña.
Entre os seus obxectivos principais podemos destacar o de contribuír a que as parroquias impulsen a corresponsabilidade co enfoque adecuado (non só económico, ou puntual, ou cunha visión reductiva). Pretendemos mostrar que pequenos pasos pódense ir dando e ofrecer recursos para formar aos axentes que poden impulsar e inspirar esta nova mentalidade.
Descarga o díptico informativo
Premios “Igrexa Sostible”
Con motivo das Xornadas de traballo coas comisións diocesanas para o sostemento da Igrexa, o Secretariado para o Sostemento da Igrexa da Conferencia Episcopal Española outorgará anualmente os Premios Igrexa Sostible. Estes galardóns pretenden recoñecer o labor meritorio de todas aquelas entidades da Igrexa que se distinguiron pola súa corresponsabilidade no desenvolvemento da súa misión. Concederanse nas seguintes categorías: Diocese, Parroquias, Outras entidades.
Descarga o díptico informativo
A diocese, presente nas Xornadas nacionais de Sostemento
O secretariado para o Sostemento da Igrexa organizou en Madrid as II Xornadas de traballo coas comisións diocesanas para o sostemento da Igrexa. Nelas puideron participar dous representantes de Mondoñedo-Ferrol, Paula Castro e Carlos Alonso. Durante os días 18 e 19 de maio analizáronse os distintos avances en materia de corresponsabilidade que se están dando nas dioceses españolas e presentáronse algunhas ferramentas para o traballo coas parroquias.
??? Foto de familia de las comisiones de las diócesis de #Galicia para el #Sostenimiento de la lglesia, participantes en las II Jornadas de Trabajo que se están celebrando en #Madrid @Xtantos ⛪️ pic.twitter.com/JMIDqd4kQE
— Diócesis de Mondoñedo-Ferrol (@mondonedoferrol) May 18, 2023







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















