O cabido catedralicio de cóengos é un colexio de sacerdotes, ao que corresponde celebrar as funcións litúrxicas máis solemnes na igrexa catedral (…) e cumprir aqueles oficios que o dereito ou o Bispo diocesano lle encomende. (CIC c. 503).
Todo cabido, tanto o catedralicio como o dunha colexiata, debe ter os seus propios estatutos, elaborados mediante lexítimo acto capitular e aprobados polo Bispo diocesano; estes estatutos non poden modificarse nin abrogarse sen a aprobación do Bispo diocesano (CIC c. 505).
Os estatutos do cabido, quedando sempre a salvo as leis fundacionais, determinarán a constitución do mesmo e o número de cóengos; establecerán que ha de facer o cabido e cada un dos cóengos respecto ao culto divino e ao cumprimento do ministerio; regulamentarán as reunións nas que se trate dos asuntos do cabido, e, respectando sempre as prescricións do dereito universal, establecerán as condicións que se requiren para a validez e licitude dos actos (CIC c. 506&1)
Por iso, dado que estes estatutos foron elaborados en lexítimo acto capitular celebrado o pasado día catorce de agosto, polas presentes APRÓBOOS, entrando en vigor o día primeiro de outubro de 2023.
Dado en Mondoñedo, ao 1 de setembro de 2023.
+ Fernando García Cadiñanos
Bispo de Mondoñedo-Ferrol
Por mandato da S. Excia. Rvdma.
Félix Villares Mouteira
Chanceler Secretario Xeral
Descarga: Decreto de aprobación de los estatutos del cabildo de la catedral de Mondoñedo







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















