Día da Acción Católica e Apostolado Segrar: actos na diocese

A Igrexa celebra o día de Pentecoste, este ano o 28 de maio, o Día da Acción Católica e Apostolado Segrar. «Xuntos anunciamos o que vivimos» é o lema que a comisión episcopal para os Laicos, Familia e Vida propón para a xornada deste ano.

Descarga: Materiais oficiais CEE


Cal é a mensaxe dos bispos?

A xornada deste ano, explican os bispos da comisión episcopal para os Laicos, Familia e Vida, “convídanos a todos os bautizados, especialmente aos laicos, a tomar conciencia da importancia do anuncio explícito de Xesucristo, con palabras e con obras”.

Esta comisión, anuncian, quere levar a cabo un exercicio de discernimiento sobre o Itinerario do Primeiro Anuncio pois as conclusións do proceso sinodal evidencian que é unha prioridade pastoral para a Igrexa en España. Ademais, recóllese como unha preferencia nas orientacións pastorais da CEE (2021-2025), Fieis ao envío misioneiro.

Tamén “nos urxe” a situar o primeiro anuncio como núcleo e eixo do labor pastoral como Igrexa responder o “cambio de época”: “A sociedade actual, marcada pola secularización e o pluralismo, colócase cada día máis de costas a Deus e a maioría das persoas viven coma se Deus non existise. Se hai uns anos a fe foi arrinconada ao ámbito privado da persoa, agora foi en moitos casos expulsada mesmo dese espazo. Podemos afirmar que estamos a asistir a unha situación de esquizofrenia crente, porque se estableceu unha contraposición entre a vida de fe e a vida cotiá”.

O primeiro anuncio, matizan, atopa o seu fundamento no mandato expreso de Xesús, “que nos convida á evanxelización: «Ide ao mundo enteiro e anunciade o evanxeo a toda a creación» (Mc 16,15)”. E en contexto actual, caracterizado en moitos casos polo descoñecemento e a indiferenza cara á persoa de Xesús, estamos chamados a facernos presentes, a nivel persoal e comunitario, nos espazos públicos para anunciar o kerigma con linguaxes adecuadas ao interlocutor e especialmente co noso testemuño”.

Unha tarefa de todo o pobo de Deus. Os bispos lembran que a misión de anunciar a Xesucristo corresponde a todo o pobo de Deus e que “a temos que realizar xuntos, en comuñón, en clave de sinodalidad”. O proceso sinodal “está a insistir en que a comuñón e a participación teñen como meta a misión, o anuncio do evanxeo. Ademais, o camiño sinodal está a convidarnos a sentirnos corresponsables na misión evanxelizadora, superando o clericalismo que nos afecta tanto aos clérigos como aos laicos”.

Os bispos valoran as iniciativas de primeiro anuncio que xa existen na nosa Igrexa en España, pero confesan que “o noso anhelo é que todos, polo sacramento do bautismo, tomemos conciencia da nosa vocación de ser anunciadores de Xesucristo, que proclamemos coas nosas palabras e obras o kerigma, o núcleo do evanxeo: Xesucristo ámache, deu a vida por ti e resucitou”.

Por iso, ofrecen unhas pautas. Como punto de partida para abordar calquera cambio pastoral sinalan a importancia da oración, dos sacramentos e de “renovar o noso encontro co Señor” pois “non podemos ser cribles no exterior se non coidamos o interior”.

Tamén é fundamental, explican, comunicar con linguaxes adecuadas a aqueles cos que se dialoga. E hoxe “este anuncio debe inserirse na nova cultura dixital na que nos movemos”. Neste sentido expoñen o desafío de converterse nunha presenza evanxelizadora no continente dixital.

Outra palabra chave é o testemuño pois o noso mundo necesita “non tanto mestres como testemuñas”. É fundamental “anunciar a Cristo co noso modo de vivir” para “tocar o corazón e a mente dos que nos escoitan porque predicamos coa nosa vida”. “Dóenos”, confesan, que na síntese do Sínodo en España “véxase á Igrexa como unha institución reaccionaria e pouco propositiva, afastada da realidade de hoxe”.

Como Igrexa “temos que situarnos en diálogo co mundo, ofrecendo a boa noticia do evanxeo a tantas persoas que están a sufrir, que senten marxinadas pola sociedade por calquera motivo”. Estamos chamados a anunciar “ao que é a vida, Xesucristo, no medio das situacións de morte, de tristeza ou de falta de esperanza que hai ao noso ao redor”.

Esta xornada, que coincide coas eleccións municipais e autonómicas, “interpélanos tamén a un testemuño cristián no mundo da política, que, en palabras do papa Francisco, «é unha altísima vocación, é unha das formas máis preciosas da caridade, porque busca o ben común» (EG 205).

Os bispos terminan a súa mensaxe agradecendo o traballo das delegacións de apostolado seglar; dos movementos e asociacións; da Acción Católica; do Consello Asesor de Laicos e “o testemuño anónimo de tantos laicos das nosas parroquias que cada día anuncian a Xesucristo nos seus ambientes, con palabras e obras”.


Actos en Mondoñedo-Ferrol

O día de Pentecoste é a festa do Espírito Santo. Os fieis cristiáns laicos estamos chamados a anunciar e proclamar, nos distintos ámbitos da nosa existencia coa nosa vida e palabra, que Xesucristo e o seu evanxeo son camiño, verdade e vida.

Para iso, a través da delegación de Laicos, Familia e Vida, convócase a toda a comunidade diocesana ao Encontro de Pentecoste, que se celebrará o domingo 28 de maio nos locais parroquiais de Vilalba (17:30 horas). Acompañaranos o noso bispo Fernando García, quen ofrecerá un relatorio sobre “Os laicos no camiño sinodal”.


Contará coa participación de todas as asociacións e movementos laicais da diocese, que dispoñerán, cada un, dun momento de presentación das diferentes realidades e carismas. Para iso, desde a organización solicítase que cada agrupación grave un vídeo de dous minutos de duración, explicando cal é a súa misión e a quen vai dirixida, para poder proxectalo ese día (haberá que envialo antes do 20 de maio ao email acgmondonedoferrol@gmail.com).


A hora dos laicos en Mondoñedo-Ferrol : VÍDEOS

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas