“El Espejo” (12.12.2025): Acolitado de Andrés Segura + Programación de Nadal das Cáritas da nosa diocese

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 28 de novembro de 2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Andrés Segura, seminarista de Mondoñedo-Ferrol

Este sábado 13 na parroquia de San Pedro de Ferrol recibirá o ministerio do acolitado o seminarista Andrés Segura González, que xa recibira o do lectorado a principios de ano na parroquia de San Pedro de Riotorto. Andrés ten 38 anos e é de Colombia. Sempre moi vinculado á tarefa de Cáritas, quixemos preguntarlle que significa para el este ministerio e que nos contase que está a supoñer persoalmente esta etapa pastoral.


Entrevista: Juani Álvarez, Misionera de Acción Parroquial en Vilalba

Fai seis anos chegou a Vilalba a comunidade de Misioneiras da Acción Parroquial, unha congregación de vida apostólica que naceu en Carbonero el Mayor (Segovia) en 1942. O seu compromiso misioneiro é moi variado, tanto desde a axuda directa no ministerio, como na tarefa educativa, benéfica ou asistencial. O vindeiro 21 de decembro, Juani, unha das irmás que está en Vilalba, xunto co grupo de Cáritas de Vilalba, convídannos a participar nunha caseta solidaria na Feira do Capón, onde haberá venda de artesanía, produtos de Nadal e venda de tenda Moda-Re. Tamén falará das súas impresións sobre a visita pastoral do bispo Fernando ao arciprestado de Terra Chá.


Entrevista: Tery Lago, membro do Coro Parroquial de Piñeiros (Narón)

Nesta semana acabamos de ter un concerto solidario de Nadal en favor de Cáritas no Conservatorio Xan Viaño de Ferrol, e en vindeiras datas haberá outros moitos eventos de Nadal en colaboración coas diferentes Cáritas parroquiais da diocese. Con este motivo temos con nós hoxe a Tery Lago, unha das representantes do Coro Parroquial de Piñeiros, que se unirá á Rondalla Añoranzas e á Coral Areosa (ambas as formación con máis de 40 anos de historia facendo música) para desenvolver un festival de panxoliñas na igrexa da Nosa Señora dos Desamparados de Piñeiros, tamén o domingo día 21.


Para pensar: “Los pájaros y el árbol” 

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de decembro encárganse a comunidade relixiosa das Misioneras Apostólicas de la Caridad de Ferrol.


Tamén che pode interesar

Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas