Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 14 de xuño de 2024. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Gonzalo Varela, novo vigairxo xeral da diocese
Foi sen dúbida unha das noticias da semana. O nomeamento do novo vigairo xeral diocesano, Gonzalo Varela, que sustitúe no cargo a Antonio Valín, bispo electo da diocese Tui-Vigo. Con el falamos de como recibiu a noticia, explicaranos en que vai a consistir o seu labor durante os cinco vindeiros anos e que obxectivos manexa para esta nova etapa que agora comeza.
Entrevista: Mons. Alfonso Carrasco, bispo de Lugo
O vindeiro 19 de xuño os sacerdotes das cinco dioceses galegas ordenados dende o ano 2000 están convidados a compartir unha xornada de festa con motivo da celebración do Ano Xubilar no Santuario de Nosa Señora de O Corpiño. Co bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco, falamos do significado deste encontro sacerdotal para gañar o Xubileo.
Entrevista: Nieves Espiñeira, delegad de Pastoral Penitenciaria
A parroquia ferrolá de San Paulo de Catabois acollerá o vindeiro 22 de xuño a 1ª Xornada Diocesana de Pastoral Penitenciaria, baixo o lema «Tratade aos presos como si vós mesmos estiverdes presos con eles (HB 13,3). Hoxe falamos coa delegada diocesana de Pastoral Penitenciaria, Nieves Espiñeira, para coñecer como se está levando a cabo a organización e cales serán os puntos fortes desta convocatoria.
Para pensar: «Viva o feminismo, pero non o de cartón!»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade relixiosa da nosa diocese. Durante este mes de xuño encárgase o equipo da delegación diocesana de Pastoral Xuvenil.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















