Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 14 de xullo de 2023. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Francisco Gómez, delegado da Pastoral do Mar
Entrevista ao delegado diocesano de Pastoral da Saúde, párroco de Cariño, Francisco Gómez García, con motivo da festa da Virxe do Carmen-Día das Xentes do Mar, que celebramos durante esta fin de semana en moitas parroquias, pobos e cidades da nosa diocese. Con el analizaremos o significado que ten esta xornada a nivel eclesial e coñeceremos as principais celebracións que se desenvolverán en Mondoñedo-Ferrol. Tamén charlaremos sobre distintas cuestións que afectan a este sector mariñeiro, como a escaseza de traballadores, a sobreexplotación pesqueira ou a inseguridade en canto a medios. Non vola perdades!
Para pensar: «El pájaro, el árbol y la tempestad»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade reliziosa da nosa diocese. Durante este mes de xullo encárganse de preparala as Hermanitas de los Ancianos Desamparados de Viveiro.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.