Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 21 de novembro de 2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Remedios Rey, delegada diocesana de Manos Unidas
Desde onte podemos visitar o Rastrillo de Nadal de Manos Unidas de Mondoñedo-Ferrol na rúa Magdalena 48 de Ferrol. Coa delegada desta ONG da Igrexa, Remedios Rey, falaremos dos proxectos solidarios que se manteñen activos (mellora enerxética dun orfanato no Líbano e outro facilitando o abastecemento de auga potable para 750 familias na rexión de Mumeno en Mozambique), do incremento no número de socios ou da posta en marcha do equipo comarcal de Valdoviño.
Entrevista: Mar Sarmentero, delegada de Laicos, Familia e Vida
A diocese celebrará este domingo o Xubileu da Infancia e a Familia cun encontro simultáneo no Colexio Tirso de Molina de Ferrol e no Seminario de Mondoñedo. Unha xornada de encontro para nenos, adolescentes, familias e catequistas. Preguntamos á delegada de Laicos, Familia e Vida, Mar Sarmentero, unha achega do tema de traballo fundamental desta xornada, “a cultura do encontro” e de como se desenvolverá.
Entrevista: Paula Castro, Comisión para o Sostemento da Igrexa
No ano 2022 a diocese creaba a Comisión para o Sostemento da Igrexa, un órgano que busca sensibilizar á comunidade cristiá na nosa corresponsabilidade nas parroquias. Está composta por cinco membros, que desde entón levaron a cabo tarefas de divulgación e toma de conciencia que pasan por actividades como a Liña 105, campañas de subscrición parroquial, encontros diocesanos de consellos de economía, información acerca da dedución na declaración da renda, etc. Para presentarnos estas accións tivemos connosco a Paula Castro, membro desta comisión.
Para pensar: “Los muebles del sabio y del turista”
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de novembro encárganse a comunidade relixiosa das Misioneras de Acción Parroquial de Vilalba.
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















