“El Espejo” (23.01.2026): Voluntariado novo de Cáritas + Life Teen, Alpha e grupo de amizade da comunidad latina

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 23 de xaneiro de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Jose María Bocanegra, voluntariado novo de Cáritas Diocesana

Hoxe achegámonos a Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, e facémolo na parte que ten que ver co voluntariado novo e co traballo cos adolescentes. O voluntariado de mozas e mozos, un grupo que crece, aprende e constrúe en comunidade, forma o grupo “Xermolar”. Para falarnos deste grupo e das súas actividades, temos hoxe connosco a un dos responsables en Cáritas deste voluntariado José María Bocanegra.


Entrevista: Víctor Restrepo, Victor Restrepo, coordinador Entrenamiento Alpha, Life Teen e Grupo latino UPA Ferrol-Centro

O pasado sábado tivo lugar en Santiago de Compostela un adestramento para iniciarse ás sesións Alpha, coa participación de dez persoas da nosa diocese. Alpha é unha serie de sesións que exploran a fe cristiá e crean un punto de encontro aberto a todos para formularse preguntas e compartir unha acollida comunitaria. Ao mesmo tempo, este mes presentábase na diocese o arranque das catequeses Life Teen, unha metodoloxía internacional de encontros quincenais para adolescentes e mozos entre os 12 e 17 anos, para descubrir a fe nun ambiente de comunidade, diversión e crecemento persoal. Xunto a todo iso, apareceu tamén en Ferrol un grupo impulsado pola UPA Ferrol-Centro de amizade e encontro para a comunidade latina. Para falarnos de todo iso, hoxe convidamos ao sacerdote da UPA Ferrol-Centro, Víctor Restrepo, que está a apoiar estas plataformas de encontro, acollida, primeiro anuncio e nova evanxelización.


Para pensar: “La vidriera de los mil colores” 

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de xaneiro encárganse a comunidade relixiosa das Mercedarias de Ferrol.


Tamén che pode interesar

Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas