Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 25 de outubro de 2024. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Reportaxe: Encontro dos bispos de Galicia e Portugal en Mondoñedo
O pasado martes 22 de outubro, os bispos das provincias eclesiásticas de Santiago de Compostela e Braga compartiron unha xornada de convivencia e de traballo que se repite cada ano nunha diocese diferente de Galicia ou do norte de Portugal. Nesta ocasión, tocoulle por primeira vez á cidade de Mondoñedo. Falamos con todos os protagonistas desta xornada tan relevante para a nosa Igrexa galega e diocesana.
Para pensar: «El oráculo del poblado»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade relixiosa ou delegación da nosa diocese. Durante este mes de outubro encárgase o equipo da delegación diocesana de Migrantes, Refuxiados e Trata.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















