A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou este luns nunha sesión extraordinaria do Consello de Turismo da Xunta de Galicia na que se aprobou a declaración como festa de Interese Turístico de Galicia do San Antonio Ventureiro da Rigueira, en Xove.
A romaría ten unha forte tradición no municipio e cada 13 de xuño congrega a centenares de fieis. Celébrase coincidindo coa festividade que conmemora a morte de san Antonio de Padua.
Tal e como dispón o decreto o 4/2015, do 8 de xaneiro, polo que se regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia, a declaración efectuarase en función do cumprimento dos requisitos de antigüidade, singularidade, arraigamento, valor cultural e continuidade no tempo.
Fonte: O Progreso/Xunta de Galicia – Fotografa: J. M. Paleo







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















