O pasado sábado, 8 de xuño, celebrouse unha eucaristía de despedida ao sacerdote diocesano Rvdo. Avelino González Loureiro, en agradecemento tras nove anos de servizo ministerial na parroquia do Sagrado Corazón da Pontenova.
A celebración estivo presidida polo bispo da diocese, monseñor Fernando García Cadiñanos, e concelebrada polos sacerdotes Rvdo. Avelino González Loureiro, Rvdo. Carlos Miranda Trevín, Rvdo. José Boullosa Canda, Rvdo. José Pascual Duque Ochoa y Rvdo. Ignacio Díaz Veiga.
Agradecendo estes nove anos de servizo pastoral nas comunidades do concello, don Avelino recibiu unha praca conmemorativa por parte do alcalde de A Pontenova, Darío Campos.

Pola súa parte, o bispo diocesano quixo agradecer a dispoñibilidade e entrega de don Avelino durante tantos e tantos anos. E presentou ao novo párroco, o Rvdo. José Pascual Duque, animando á comunidade a colaborar con el na súa actividade pastoral en todas as parroquias que atende.










Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















