-
Tras a celebración da Xornada Mundial dos Avós en Ferrol, a cita diocesana trasládase este venres 4 de setembro á catedral e ao seminario de Mondoñedo
A Diocese de Mondoñedo-Ferrol celebra este venres, 4 de setembro, a II Xornada dos Maiores e Avós, unha iniciativa que, por segundo ano consecutivo, se consolida como un espazo de celebración, encontro e acción de grazas para as persoas maiores da diocese. A xornada está organizada pola Delegación de Pastoral da Saúde e Maiores, en colaboración coas Residencias de Maiores da Fundación San Rosendo, o Centro Residencial e Centro de Día San Rafael de Mondoñedo e a Asociación Edad Dorada-Mensajeros de la Paz.
Esta cita dá continuidade á celebración da Xornada Mundial dos Avós e das Persoas Maiores, que tivo lugar o pasado mes de xullo en Ferrol no marco do calendario universal da Igrexa. Alí, a comunidade diocesana reuniuse para poñer no centro a dignidade, a memoria e o acompañamento das persoas maiores, en sintonía coa mensaxe do papa León XIV para 2026 e baixo o lema “Lo que nos hace humanos es cuidar”.
A xornada desenvolverase en Mondoñedo con estes horarios:
· 12:00 h. Acollida e preparación da eucaristía na catedral de Mondoñedo.
· 12:30 h. Celebración da eucaristía, presidida polo bispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos, e coa participación dos representantes das entidades colaboradoras.
· 14:00 h. Xantar no Seminario Santa Catalina, como espazo de confraternidade entre os residentes, usuarios dos centros de día, voluntarios, familiares e axentes pastorais.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















