A igrexa parroquial da Nosa Señora do Carme de Ferrol (UPA Ferrol-Centro) acolleu na tarde de onte a eucaristía de envío dos mozos diocesanos que participarán, entre os días 2 e 6 de agosto, na Xornada Mundial da Mocidade de Lisboa.
A celebración foi convocada pola delegación de Xuventude e contou coa participación dunha representación dos sesenta e cinco mozos e mozas que integrarán a comitiva diocesana, os seminaristas Darío Trujillo e Renny Montero e varias relixiosas da comunidade das Hijas ddel Divino Celo-Rogacionistas de Burela. Presidiu a eucaristía o bispo Fernando García Cadiñanos, e concelebraron os sacerdotes Antonio Rodríguez (Vigairo para a Sinodalidade), Jesús Álvarez (Vigairo para a Caridade), Óscar Fernández e o padre claretiano Alberto Abelenda.
O bispo Fernando, na súa homilía, convidou os mozos a «ser “amigos de Xesús” como o apóstolo Santiago», lembrándolles que a XMX «ten que ser unha experiencia de fe, de amizade e de Igrexa» e que toda a diocese de Mondoñedo-Ferrol rezará durante eses días por todos eles.
Segundo datos publicados pola Conferencia Episcopal Española, máis de 75.000 mozos españois participarán neste encontro mundial, entre eles setenta e un bispos, que serán os encargados de dinamizar as catequeses de fala hispana.
Poderemos seguir o día a día deste grupo de mozas e mozos a través do perfil da delegación diocesana de Xuventude na rede social Instagram.
Eucaristía de envío de los jóvenes que participarán en la JMJ 2023
??? Recordade que na tardiña de hoxe celebraremos a eucaristía de envío d@s moz@s de @mondonedoferrol que participarán na #JMJLisboa @jmj_es @PJuventud_es
⌚ 20:00 h.
? Igrexa do Carme #FerrolEstará con nós o bispo Fernando García e contaremos coas ??? de @Romarintyp ? pic.twitter.com/g24SzU0ezY
— Diócesis de Mondoñedo-Ferrol (@mondonedoferrol) July 25, 2023







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















