En la mañana de hoy viernes, 30 de enero de 2026, falleció en Ferrol el sacerdote diocesano Rvdo. Francisco Gómez García, nacido en Viveiro el 8 de octubre de 1942 y ordenado en Mondoñedo el 6 de octubre de 1968.
Actualmente era párroco de Cariño (San Bartolomeu), Mera (Santiago), Mera (Santa María) y Veiga (San Adrao).
El funeral por el eterno descanso de su alma tendrá lugar mañana sábado 31 a las 16:00 horas en la iglesia parroquial de Cariño. A continuación, sepelio. Presidirá el obispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos.
La sala mortuoria estará ubicada en el templo parroquial de Cariño, con apertura en la tarde de hoy viernes a las 16:15 horas, con el rezo comunitario del rosario a las 19:00 y a las 21:00 horas.
Descanse en paz.
Semblanza biográfica
Don Francisco Gómez García, don Paco ou Paco de Cariño, naceu en Viveiro, na parroquia de Santiago-San Francisco, o 7 de outubro de 1942. Realizou os seus estudios eclesiásticos no Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo e Salamanca. Foi ordenado sacerdote por don Jacinto Argaya o 6 de outubro de 1968 na Catedral de Mondoñedo.
Ao longo da súa vida desempeñou os seguintes cargos e responsabilidades pastorais:
· Desde 1968 a 1981 cura de Lagoa, Loboso, Cadavedo e Úbeda no Concello da Pastoriza (Lugo).
· No 1981 pasa a ser primeiro rexente de Cariño e logo párroco.
· Sendo párroco de Cariño atendeu temporalmente A Pedra, Sismundi, Feás e Landoi, e a partires do 2017 asumiu a atención pastoral das parroquias de Santiago e Santa María de Mera e San Adrao de Veiga.
· Foi arcipreste de Bretoña desde 1972 a 1980, arcipreste de Ortigueira desde o 2000 ao 2004 e de Ortigueira-As Pontes desde o 2004 ao 2011.
· Foi tamén delegado do Apostolado do Mar no 2016.
De don Paco hai que recoñecer que foi un sacerdote emprendedor e traballador e servicial; e ata inquedo e esixente, consigo mesmo e en parte cos demais, sobre todo cando o traballo pastoral nos pedía a todos actuar conxuntamente. Tivo un gran sentido diocesano: ata o último momento non deixou de participar nos encontros sacerdotais e nas asembleas diocesanas. Como tamén acollía e colaboraba coa delegación de catequese, Cáritas, Mans Unidas, etc.
Uníndonos á súa familia, amigos, fregueses e compañeiros sacerdotes, desexamos e confiamos, pola infinita misericordia de Deus, que xa descansa en paz e participa da vida plena e definitiva con Cristo resucitado.
Grazas, Paco, por tantos anos, tantos traballos e tanta vida dada, desvivida e entregada polo Reino.










Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















