- A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue instalará unha unidade móbil mañá sábado 31, de 10:00 a 15:00 horas, na Praza de Armas
O Grupo Sacramental de Fieis de Ferrol está a desenvolver estes días unha campaña especial destinada a fomentar e sensibilizar sobre o solidario xesto da doazón de sangue na cidade.
Ao longo das xornadas previas ao sábado 31 de xaneiro, data na que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) visitará Ferrol cunha unidade móbil, integrantes do Grupo distribuiron información e materiais divulgativos para animar á veciñanza a participar.
Mañá sábado, 31 de xaneiro, unha unidade móbil de ADOS instalarase na Praza de Armas de Ferrol en horario de 10:00 a 15:00 horas, ofrecendo a todas as persoas interesadas a posibilidade de realizar a súa doazón. A iniciativa quere facilitar o acceso á doazón e reforzar a importancia deste xesto altruísta que salva vidas cada día.
Desde ADOS quixeron agradecer ao Grupo Sacramental de Fieis de Ferrol a súa implicación e colaboración nesta campaña, que non só contribúe a obter doazóns, senón tamén a fortalecer a conciencia solidaria da sociedade galega. “Accións coma esta son fundamentais para garantir o sostemento do labor asistencial dos nosos hospitais”, sinalan desde a Axencia.
Ver esta publicación en Instagram








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















