Ferrol complementa a súa Semana Santa cun ciclo de música sacra

A cidade de Ferrol complementa a súa Semana Santa, declarada de Interese Turístico Internacional, coa organización da segunda edición do Ciclo Coral de Música Sacra, de cuxa dirección artística e coordinación encargarase a Asociación Musical Sonsdodía e que conta coa colaboración da diocese de Mondoñedo-Ferrol, a confraría de Dores e o concello de Ferrol. Terá por escenario a concatedral de San Xiao nas tardes dos días 19 e 26 de marzo e 1 de abril.

A iniciativa foi presentada na mañá do xoves 9 de marzo no concello de Ferrol e, nela, o alcalde desta cidade, Ángel Mato, destacou “o éxito do pasado ano. Agora, dixo, a idea é dar “un paso máis, do mesmo xeito que a Semana Santa, que cada ano supón un importe impulso á economía desta cidade, e queremos ir aos poucos mellorándoa”. Así, Matogueira detallou que “este ciclo de música sacra tamén vai colaborar coa nosa Semana Santa, onde contaremos con catro agrupacións dun altísimo nivel, onde o Coro Diapasón asume a organización” e no que tamén actuará.

Pola súa banda, o bispo de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos, detallou que á Semana Santa “quizais fáltalle ese ámbito cultural, que agora é posible e que permitirá gozar dunha serie de concertos que facilitan introducirnos no ministerio da Semana Santa”. Ademais, incidiu en que “é de agradecer os que tiveron a idea e lévana adiante, para que a nosa Semana Santa teña desde ese punto de vista un contido moito maior”.


Programa oficial

O director artístico do Coro Diapasón e coordinador do ciclo, Juan Brage, detallou as características das agrupacións participantes.

Así, o 19 de marzo, desde as 18:00 horas, actuarán o anfitrión, o Coro Diapasón que actuará coa Escolanía do Real Monasterio de San Lorenzo de Escorial de Madrid.

Ao domingo seguinte, tamén ás 18:00 horas, actuarán o Coro Castillo de Gauzón, de Asturias, e o Coro Laudate, de Lisboa (Portugal).

O ciclo pecharase o 1 de abril, sábado, ás 19:30 horas, co Coro Homes Villa de Navia, de Asturias, e tamén o Coro Diapasón.

Fonte: COPE Ferrol

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas