Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 10 de marzo de 2023. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Juan Basoa, reitor do Seminario de Mondoñedo
Entrevista ao sacerdote diocesano Juan Basoa Rodríguez, reitor do Seminario diocesano de Mondoñedo, cun dobre motivo: por unha banda, a súa participación no IV Encontro de Oficinas de Protección de Menores, celebrado recentemente en Madrid; e en segundo lugar, pola celebración do Día do Seminario, o vindeiro domingo 19 de marzo, coincidindo coa festa de San Xosé. Coñeceremos algunhas das iniciativas que prepararon os nosos seminaristas para esta xornada vocacional.
Entrevista: Concha Quintela, responsable da Comisión PROTEGE
Entrevista á directora da comisión diocesana PROTEGE (atención e acompañamento a menores e persoas vulnerables), Concha Quintela, que recentemente participou en Madrid no IV Encontro de Oficinas de Protección de Menores, centrado en «Encontros entre vítimas e victimarios: unha relación posible?». Coñeceremos as súas impresións e analizaremos os proxectos que manexa a comisión para os próximos meses e que moi pronto se farán oficiais.
Para pensar: «O medo do león»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade relixiosa da nosa diocese. Durante o mes de marzo acompañarannos as Hermanas Franciscanas de la Purísima, do Colexio do Pilar de Foz.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dunha forma máis pausada, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.
? Como levades a mañá? Seguro que desexando comezar a fin de semana, non si? Pois non desconectedes sen irvos ben informadiñxs
Ademáis das novas de actualidade, hoxe estarán con nós a directora da Comisión PROTEGE e o reitor do Seminario de #Mondoñedo
?? #ElEspejoMF ?? pic.twitter.com/gRrFne09Qk
— Diócesis de Mondoñedo-Ferrol (@mondonedoferrol) March 10, 2023







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















