Máis de 150 sacerdotes das dioceses de Galicia ordenados dende o ano 2000 acompañados dos bispos, acudiron ao Santuario de O Corpiño para gañar o xubileo e manter un encontro de fraternidade.
Ante a Virxe de O Corpiño o clero galego agradeceulle a súa compañía “en cada momento da nosa vida e do noso ministerio, cada hora de servizo pastoral intenso e dedicado, pero tamén as horas máis escuras e máis amargas da nosa ambigüidade, do noso cansazo e das nosas inquietudes máis íntimas”. E pediulle o seu auxilio para “poder acoller cada día o sí fiel que Deus nos dirixe e así, coa túa axuda, responder co noso, renovando aquel primeiro sí da nosa ordenación sacerdotal“.
Na homilía, o bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco, comezou recordando que como peregrinos acuden á casa da Virxe, á casa da Nai: “Onde verdadeiramente pertencemos, onde somos chamados fillos e amigos, non servos, onde a nosa vida máis persoal, a nosa vocación, ten a súa orixe, en Aquel que nos amou e fixo de nós todos unha compañía de irmáns”. (…) “Amándonos con un xeito divino e sen medida, tamén El, Xesús, quixo habitar en nós, non deixarnos sos, senón quedarse a vida enteira, todos os días ata a fin do mundo. Nós hoxe, có xesto desta peregrinación xuntos, estamos dicindo que queremos permanecer neste fogar verdadeiro, volver sempre de novo a el”.
En referencia á vocación sacerdotal, monseñor Carrasco, á chamada como orixe do que son por percibir o amor de Deus, manifestoulles que: “Como sacerdotes somos testemuñas deste Amor que fixo xurdir unha historia nova no mundo; puidémola experimentar cada un, na propia vocación, e por iso falamos, certos da grandeza deste amor do Señor, que é camiño, verdade e vida para todos”. (…) “A nosa misión pertence ao máis íntimo da historia da nosa Galicia, educada e moldeada polo lume do Evanxeo, que puido construír familias e casas, atravesou os séculos e xerou cultura, gardando ante os ollos a bondade de Deus, a entrega do Fillo, noso irmán e Señor, a gloria e a tenrura da Nai e Raíña de ceos e terra. Así aprendemos a ser humildes e fortes, xente de palabra, hospitalarios e solidarios, nos traballos de cada día e nas penas da existencia; alegres nas festas, certos do noso destino bo, desexosos de acompañarnos nos sufrimentos e ante a morte”.
E finalizou encomendando a fidelidade sacerdotal á Virxe: “Que viviu o seu servizo con conciencia ben humilde, pero permaneceu nel sempre e ata o final por graza de Deus. Que Ela nos consiga un corazón coma o seu, feliz de proclamar as grandezas do Señor” (…) “intercede pola nosa fidelidade á vocación, pola dos nosos compañeiros nas nosas dioceses, en Galicia e no mundo. E así, polo noso medio, coida sempre das nosas xentes, das nosas parroquias, do noso pobo”.
Fuente: Diócesis de Lugo










Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















