Toma de posesión do novo vigairo xeral en Mondoñedo

Na mañanciña do martes 18 de xuño celebrouse na aula “Losada Quiroga” do Seminario Santa Catalina de Mondoñedo a toma de posesión do novo vigairo xeral diocesano, Gonzalo Varela Alvariño.

Na súa intervención tras o acto solemne, don Gonzalo agradeceu a confianza depositada nel polo bispo para exercer esta nova responsabilidade; lembrou emocionado á relixiosa María Fariña, Filla de María Mediadora, con quen coincidiu durante unha longa etapa na parroquia de Cedeira e que “foi unha nai para min”, expresou; e púxose ao servizo de todos os diocesanos, esperando “estar a altura do que esperades de min nesta etapa que agora comezo”.

O acto estivo presidido polo bispo da diocese, monseñor García Cadiñanos, e nel interviron, ademáis do novo vigairo, o secretario chanceler, Félix Villares e o exvigairo e bispo electo da diocese de Tui-Vigo, Antonio Valín, quen recibiu unha homenaxe por parte dos sacerdotes membros do Consello Presbiteral Diocesano, quenes o agasallaron cunha mitra, unha casula e unha alba.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas