A Igrexa celebra o vindeiro domingo 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, o Día do Seminario, este ano co lema «Érguete e ponte en camiño», unha oportunidade para para “pedir, dar grazas e mostrar a nosa proximidade cos seminaristas, os seus formadores e as vocacións sacerdotais”.
Deus segue chamando, e os nosos seminarios están cheos de historias de vida onde é fácil recoñecer a pegada de Deus, a súa voz ecoa: «Érguete e ponte en camiño».
É por iso que, con motivo desta xornada, os catro seminaristas da nosa diocese (Salvador Calvo, Renny Montero, Darío Trujillo e Andrés Segura) quixeron compartir con toda a comunidade de Mondoñedo-Ferrol o que supuxo e supón a chamada de Xesús nas súas vidas, unha chamada para vivir sempre co corazón alerta, próximo ao sufrimento dos irmáns e disposto a entregarse enteiramente aos demais.
Coordinados polo reitor do Seminario, Juan Basoa, e coa colaboración do delegado diocesano de Vocacións, Jaime Iglesias, e a comunidade relixiosa das Discípulas de Jesús, viñeron preparando unha serie de contidos especiais para conmemorar o Día do Seminario 2023. Estes consisten nun vídeo-mensaxe; o comentario e reflexións ao evanxeo do día; e unha selección de oracións pola vocacións sacerdotais. Os documentos xa poden descargarse a través desta páxina e os vídeos iranse compartindo tanto na canle de Youtube como nas redes sociais durante os días 13 e 19 de marzo.
Materiais
Comentarios ao evanxeo de cada día (do 13 ao 19 de marzo)
Oración por las vocaciones sacerdotales
Videos
· Luns 13 marzo: Salvador Calvo
· Martes 14 marzo: Renny Montero
· Mércores 15 marzo: Darío Trujillo
· Xoves 16 marzo: Andrés Segura
· Venres 17 marzo: Discípulas de Jesús de Ferrol
· Sábado 18 marzo: Jaime Iglesias
· Domingo 19 marzo: Vídeo conxunto







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















