Cando estamos a pechar un curso pastoral na diocese, achegámonos a cada un dos nosos arciprestados para entrevistar aos arciprestes e coñecer impresións do que foi este tempo. Facémolo cando, probablemente, co novo curso, moitos destes arciprestados se vexan reestruturados, tal como veuse estudando e traballando durante estes últimos anos.
Comezamos polo arciprestado de Ribadeo, achegándonos para compartir as inquietudes pastorais co seu arcipreste, José Boullosa Canda. Na actualidade seis sacerdotes coordinan a tarefa das parroquias deste arciprestado. Teñen as súas reunións na casa parroquial de Ribadeo.
Como se procurou traballar o plan pastoral na zona?
Preocúpanos fundamentalmente facer nacer os consellos de pastoral, economía…; por ese motivo tentamos crear momentos que nos leven a unha asemblea arciprestal, o intercambio e reunión entre as xentes das diferentes parroquias para compartir e comprender o camiño cara ao funcionamento en UPA; buscamos, ante todo, que vaiamos tomando conciencia máis aló das fronteiras da nosa parroquia, para traballar en termos máis diocesanos, con horizontes máis amplos que esa realidade parroquial, que se quedou pequena e empobrecida pola circunstancia do momento no que estamos. Necesitamos abrir fronteiras e enriquecernos abrindo novos espazos de encontro.
Cales son as forzas do arciprestado neste momento?
Somos moi poucos sacerdotes e estamos moi limitados pola carga do número de parroquias. Valoramos especialmente a presenza da comunidade das madres clarisas, realizamos algúns dos nosos encontros na capela do convento. Contamos co compromiso da comunidade de San Vicente de Paúl e a súa tarefa educativa no colexio do Sagrado Corazón de Xesús; e recentemente acábannos de deixar as monxas de Marta e María, que regalaron un bo testemuño de máis de vinte anos coidando aos nosos anciáns. Os seglares son neste momento moi importantes, o seu traballo, participación, colaboración… por iso buscamos realizar encontros para escoitarnos, onde poidan formular as súas inquietudes e compartir con eles as dificultades do que estamos a vivir, e buscar, xunto a eles, respostas e posibilidades.
Algúns momentos para destacar deste ano?
Unímonos desde as diferentes parroquias para compartir momentos como o Día do Enfermo, a Pascua, o envío e repartición do Evanxeo de cada día…; son momentos compartidos moi importantes, que crean unión, comunidade, e enriquécenos xuntarnos de diferentes parroquias para vivilos. Preocúpanos seguir traballando esa dimensión de encontro comunitario, procuramos crear espazos festivos en que gocemos. E neste momento valoramos especialmente a integración e participación de novas comunidades familiares que se van acollendo, comezando a participar, dando testemuño aos seus fillos na súa participación eclesial. Aínda que sexan poucas son moi importantes e o seu labor e presenza son signo de renovación e continuidade do proceso de transmisión da fe, e da continuidade e renovación das nosas comunidades.
Esta próxima fin de semana ides ter un encontro especial a que nos convidades nesta ocasión?
O vindeiro sábado 17 de xuño compartiremos a “xuntanza das parroquias”. Será na igrexa de San Miguel de Reinante entre as 11:00 e as 13:00 horas. Un espazo para escoitarnos, compartir ideas de como organizarnos mellor nas actuais circunstancias, e expornos como seguir alimentando a nosa experiencia de fe. Unido a iso está prevista unha peregrinación arciprestal a algún santuario con ese mesmo obxectivo de compartir, celebrar a fe e axuntar esforzos.
Entrevista: Javier Martínez Prieto







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















