Éxito da visita "Altius" á catedral de Mondoñedo

O pasado 14 de abril abríase ao público unha nova forma de visita á catedral de Mondoñedo. Trátase de “Altius: Contemplando Mondoñedo desde a Paula”, unha experiencia única para achegarse á sé mindoniense visitando a zona alta, en concreto, os salóns góticos e a súa zona expositiva, o balcón do bispo e as torres que se levantan como miradoiro único sobre a comarca.

Desde o inicio, 229 persoas concertaron a visita que se realiza unicamente os venres (17:00 horas) e os sábados, en dous pases matutinos. Tamén pode ser concertada cando se trata dun grupo organizado. O mes de abril contou con máis visitantes, debido fundamentalmente á Semana Santa; e maio tivo 86 persoas. As visitas, en pequenos grupos para permitir o acceso aos diferentes lugares, sempre son guiadas por persoal da empresa que xestiona a oferta turística na catedral, Artisplendore. Ao final da visita permítese visitar a catedral, o claustro e o museo tal e como se realiza na entrada habitual.

Tanto o cabido da catedral mindoniense como a empresa Artisplendore están moi satisfeitos pola experiencia. Co paso dos diferentes grupos fóronse facendo as oportunas melloras para que todos os visitantes poidan saír contentos da visita. Todos coinciden en descubrir unha catedral descoñecida para eles e en expresar a súa satisfacción por realizar esta experiencia única.

Na páxina web da catedral pódese concertar a visita e coñecer máis detalles da mesma.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas