A Cátedra Diocese-Universidade da Coruña, na que colaboran as dúas institucións, acaba de estrear unha canle en Youtube no que, como primeiro contido, poden verse as intervencións do primeiro ciclo de conferencias que levaron a cabo.
Están dispoñibles a través de internet as intervencións:
· José Andrés Sánchez Abarrio: “Profetas nos arquivos de Mesopotamia e na Biblia”.
· María Eugenia Muñoz Fernández: “Sobre escribas e escritura. Espazos e sentidos do escrito no Antigo Exipto”.
· Pascal Vernus: “Bibliotecas, scriptoria e oficios de ciencia sacerdotal na civilización faraónica”.
· Jesús García Recio: “Deus e o home xuntamente: de Mesopotamia aos nosos días”.
Para este ano 2023, a Cátedra ampliará o seu programa durante os meses de outubro e novembro coa exposición “Documentos sobre os primeiros arquivos da historia”, que estará aberta a colexios e institutos; o obradoiro “Orixe e evolución da escritura cuneiforme”; e a continuación do ciclo ciclo de conferencias, coas relatorios “Orixe e evolución da escritura cuneiforme” e “Un texto de arquivo: a creación do ser humano”. Todos os actos desenvolveranse na facultade de Humanidades e Documentación de Ferrol. De todo iso informarase puntualmente a partir do mes de setembro.
📰 #PRENSA 🟡 La Cátedra Diócesis-UDC ofrece las conferencias en abierto en su nuevo canal de Youtube
📹 Ya están disponibles como primer contenido las 4 intervenciones del I Ciclo de Conferencias @catedraMF_UDC @UDC_gal @CIFerrol @FacultadeHeD https://t.co/OtvsbZwSi2
— Diócesis de Mondoñedo-Ferrol (@mondonedoferrol) June 23, 2023