Nota dos bispos de Galicia ante a solemnidade de San Xosé

A persoa e a vida de san José teñen na historia da nosa salvación unha importancia que foi recoñecida sempre pola Santa Igrexa, a cal nas súas leis canónicas e na súa disciplina litúrxica propón a súa festa como día de precepto (cf. canon 1246). Tradicionalmente o pobo cristián secundou esta norma dando un significativo realce familiar e social á festa do 19 de marzo.

Neste ano 2023, o día 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, esposo da Virxe María e festa de precepto en España, coincide co cuatro domingo de Coresma. Con todo, ese día prevalecen liturxicamente as celebracións do domingo de Coresma.

En consecuencia, co desexo de sinalar o tratamento debido que dita festa debe ter por parte da comunidade católica, e tendo en conta a importancia que san Xosé ten na vida da Igrexa e na tradición cristiá dos nosos pobos, os bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago, para coñecemento dos fieis, dispoñemos:

  1. Trasladar ao luns 20 de marzo, a festividade litúrxica de San Xosé. Con todo, o traslado da solemnidade non implica o traslado do precepto. Por tanto, o 20 de marzo, luns, non é día de precepto. O fiel cristián que participe na eucaristía dominical cumprirá o precepto de San Xosé.
  2. Seguindo o calendario litúrxico, a solemnidade de San Xosé celebrarase unicamente ao longo do día 20 de marzo. Convídase os fieis a que, na medida das súas posibilidades, participen na eucaristía deste día.
  3. Por razóns pastorais, a Xornada do Día do Seminario celebrarase a tarde do sábado, día 18, e o domingo, día 19 de marzo.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2023.

+ Julián, arcebispo de Santiago

+ Luis, bispo de Tui-Vigo

+ Alfonso, bispo de Lugo

+ José Leonardo, bispo de Ourense

+Fernando, bispo de Mondoñedo-Ferrol

+ Francisco José, bispo auxiliar de Santiago

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas