Falando sobre o cárcere

O vindeiro luns, 27 de marzo, no centro cívico de Canido, na cidade de Ferrol, a delegación diocesana de Pastoral Penal organiza unha charla coloquio sobre a realidade do cárcere. Leva por título «O cárcere: a gran descoñecida. Tan preto e tan lonxe«. A relatora será Yolanda Sánchez Sánchez, delegada de Pastoral Penal do arcebispado de Santiago de Compostela.

Aberta ao público en xeral, enmarcada no tempo de Coresma, tempo especialmente próximo á misericordia, busca sensibilizar sobre esta realidade na que se fixan tantos prexuízos.

Ademais, pretende sensibilizarnos na procura de voluntarios que poidan soster un piso de acollida para persoas privadas de liberdade, que se busca abrir proximamente na diocese.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas