Este 22 de marzo, os bispos da Igrexa en Galicia reuníronse en Santiago de Compostela para o encontro ordinario da Provincia Eclesiástica de Santiago á que pertencen as cinco dioceses da comunidade cutónoma.
O encontro foi presidido polo arcebispo metropolitano de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio Barrio. Estiveron presentes o bispo de Tui-Vigo, monseñor Luís Quinteiro Fiuza; o de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco; o bispo de Ourense, monseñor José Leonardo Lemos Montanet; o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos; así como o bispo auxiliar de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández.
Nestas reunións trátanse numerosos temas relacionados coa pastoral nas dioceses e que, ou ben polo seu carácter interdiocesano ou ben por harmonizar a actividade pastoral entre as dioceses da mesma provincia, son abordados de maneira conxunta: a organización dos próximos Encontros do Clero de Galicia en Poio, o seguimento da comisión mixta de Patrimonio, e diferentes cuestións relativas á pastoral familiar e a comunicación da Igrexa en Galicia. Os bispos tamén foron informados sobre os traballos dos diferentes organismos pastorais interdiocesanos.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















