A Conferencia Episcopal Española (CEE), a través do secretariado para o Sostemento da Iglesia, pon en marcha a campaña Xtantos 2023 co lema “Por eles, por ti, por tantos”, que anima a marcar a casa da Igrexa na declaración da renda.
O director deste secretariado, José María Albalad, presentou en rolda de prensa, este xoves 23 de marzo, aos protagonistas, os datos técnicos e as claves da campaña.
Aínda que a páxina web portantos.es está accesible desde hoxe, a campaña dará comezo o vindeiro luns, 27 de marzo, uns días antes de que os contribuíntes poidan presentar a súa renda (o prazo ábrese o 11 de abril). O peche da campaña si coincidirá co final do período habilitado pola Axencia Tributaria, o 30 de xuño, como último día para presentar a declaración da renda.
Detrás de cada ‘X’ hai unha historia, tantas como persoas -coas súas angustias, anhelos e ilusións- que necesitan apoio. A campaña Xtantos deste ano presenta cinco desas persoas que na Igrexa católica atoparon o apoio que necesitaban nun momento de desesperación e dificultade. Froito dese agradecemento, abren o seu corazón ao mundo e contan a súa historia.
Trátase de Ruth, Ángela, Halyna, José e o pai Ramón, que representan ás máis de catro millóns de persoas que a Iglesia axuda cada ano en España:
· Ruth saíu do inferno do maltrato grazas ao “empuxón” que recibiu das súas amigas da parroquia.
· Ángela ten síndrome de Down e séntese, por fin, independente desde que vive nun piso de acollida da Igrexa en Talavera de la Reina (Toledo).
· Halyna tivo que coller á súa filla e os seus dous netos para afastalos das bombas no seu país de orixe, Ucraína. A Igrexa proporcionoulles unha nova vida en España.
· José pasou polo cárcere, pola Lexión e terminou na construción, onde un accidente cambioulle a vida. Na parroquia danlle para comer e atopou unha familia e un lugar onde vivir.
· Ramón hoxe é sacerdote, pero viviu no mundo das drogas ata que aos 17 anos tentou suicidarse. A forza para cambiar deulla o novo sacerdote que estaba na súa parroquia.
Cada unha destas historias, que xa están accesibles na páxina web de portantos.es, preséntase cunha realización audiovisual que potencia o relato en primeira persoa. No desenvolvemento desta campaña, desenvolta co apoio da axencia TBWA, utilizáronse os códigos propios da linguaxe documental, que axudan a explicar a vida dos protagonistas da campaña sen artificios nin maquillaxes, como un baño de realidade.
Nos vídeos conflúe a tensión narrativa e o suspenso dramático que forma parte de cada historia, pero ao mesmo tempo ofrécese un canto de esperanza: cada peza ten unha resolución, xa que se evoca con claridade quen foi esa persoa no pasado e quen é hoxe, que obstáculos tivo e como os superou.
Datos técnicos da campaña
O plan de medios traballouse coa axencia Universal Media (IPG Mediabrands) e contempla un investimento de 2.777.594 euros, o que supón un 0,87% da cantidade recadada na campaña do ano anterior.
Durante o próximos tres meses, Xtantos terá unha presenza destacada con anuncios específicos en radio, en televisión e en formatos dixitais. Tamén en redes sociais e soportes relixiosos. Ademais, está prevista publicidade específica dirixida aos xestores e asesores fiscais co fin de chegar aos que fan a declaración da renda aos contribuíntes.
Durante a Semana Santa farase unha paréntese na publicidade enfocada aos medios e acentuarase en exterior, principalmente en circuítos de Renfe e nos aeroportos. Tamén haberá momentos nos que os rostros da campaña poderanse ver en mupis dixitais das principais capitais de provincias españolas.
Ademais, editouse o xornal Xtantos, impreso en papel medioambientalmente sostible, cunha tirada que roza o millón de exemplares. A metade vanse distribuír por todas as parroquias de España, xunto a 35.000 carteis, que se ofrecen en catro linguas. O resto, encártanse nos principais diarios nacionais. Nesta publicación preséntanse os cinco testemuños, xunto con entrevistas e reportaxes centradas no labor de ofrecen contidos de interese sobre a actividade e financiamento da Igrexa.
As claves da campaña
Marcar o ‘X’ da Igrexa é unha decisión libre que non prexudica a ninguén e non ten custo algún, porque nin che cobran máis nin che devolven menos. En exercicio de democracia fiscal. Pódense marcar simultaneamente as casas da Igrexa católica e doutros fins sociais.
É das poucas cousas que podemos decidir sobre os nosos impostos. É dicir, se a deixamos en branco é o Estado o que decide por nós sobre esa pequena cantidade. Convidamos a que non se deixen os recadros en branco.
E que cada ano pódese coñecer, a través da Memoria Anual de Actividades, en que emprega a Igrexa os seus recursos: para os non católicos ou non practicantes, marcar a casa supón tamén recoñecer o papel que a Iglesia ten na sociedade española.
✝️La Iglesia siempre tiende la mano a todas las personas. @Xtantos #XTantos2023 #SomosIglesia24siete
??Descubre los 5 rostros de este año en https://t.co/WJ2Ie07ydq pic.twitter.com/vhNS94tvCS
— Of. Información CEE (@prensaCEE) March 23, 2023







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















