O Seminario de Mondoñedo acolleu o pasado sábado 10 de xullo a asemblea de fin de curso do Consello Diocesano de Pastoral, presidida polo bispo Fernando García Cadiñanos e coa participación de doce dos seus membos constituintes.
Entre os principais asuntos tratados cabe salientar dous: dunha banda, a presentación oficial do documento “Proposta para reformar os arciprestados”, feita polo vigairo para a Sinodalidade, o sacerdote Antonio Rodríguez Basanta. Na súa intervención resaltou que o obxectivo da reforma dos arciprestados diocesanos é o de promover unha acción pastoral máis colexial e corresponsable, así como dinamizar a vida pastoral arciprestal como escola, como obradoiro e como fogar. Presentáronse dúas propostas de restruturación: unha con catro arciprestados (Ferrol, Terra Chá, Ortegal e A Mariña) e outra con tres (Mondoñedo, San Martiño e Ferrol). Acordouse que todos os membros do consello avaliarán as propostas formuladas e a nomenclatura dos arciprestados.

Doutra banda, presentouse un documento sobre o desenvolvemento das UPA na nosa diocese, recollendo aspectos relativos á súa identidade como “comunidade de fieis pertencentes a parroquias limítrofes, chamadas a formar comunidades vivas e orgánicas”; á súa organización (programación, servizos, actividades conxuntas, celebracións sen presbítero e relacións funcionais da UPA coa diocese e as delegacións); e ás accións evanxelizadoras a promover desde as UPA. Fixouse o curso 2025-2026 como o da constitución definitiva de todas as UPA de Mondoñedo-Ferrol.
Informouse tamén sobre a participación diocesana na Xornada Mundial da Xuventude 2023 de Lisboa, con sesenta e cinco mozas e mozos inscritos, e a actividade da Comisión PROTEGE, que coordina Concha Quintela, destacando a dispoñibilidade na páxina web diocesana do “Protocolo de prevención e actuación frente a abusos sexuais a menores e persoas vulnerables” e a “Guía de boas prácticas para a protección de menores”.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















