“Estudios Mindonienses”, o anuario diocesano de estudos histórico-teolóxicos, contará cun novo volume tras o verán. Así o confirmou hoxe o seu director, o coengo catedralicio e profesor do Intituto Teolóxico Compostelán, Benito Méndez, tras a revisión das últimas probas da imprenta e as correccións habituais que se fan neste tipo de publicacións académicas.
O novo volume, o número 38, correspondente ao ano 2025, vai ser editado por primeira vez pola imprenta Gráficas Lope de Salamanca, en substitución de Kadmos, que o viña facendo desde o primeiro volume. “Desde o Consello de Redacción tomamos a decisión de comezar unha nova etapa en canto á edición da revista”, confirmou Méndez, “co agradecemento á imprenta Kadmos por tantos anos de traballo e dedicación para que Estudios Mindonienses se caracterizase por unha calidade na edición indiscutible“.
O volume intégranno dezanove traballos de investigación inéditos, ao longo de máis de seiscentas páxinas e case cento cincuenta fotografías a todo color. Unha vez editado, distribuirase entre os suscritores, as institucións académicas coas que a revista mantén intercambio e as principais bibliotecas, arquivos e museos tanto a nivel local como rexional. A suscrición á revista en papel está dispoñible a un prezo de 19 euros ao ano, cun desconto para librarías do 25 %.
Presentación en Mondoñedo
Como ven sendo habitual, as capitais da diocese sucéderanse como sede da presentación da revista. Se o ano 2024 foi en Ferrol, coincidindo coa publicación dos volumes conmemorativos na honra do fundador da revista, Segundo Pérez, nesta ocasión tocaralle á cidade episcopal de Mondoñedo. Será nun acto no Seminario de Mondoñedo, o venres 12 de setembro, a partires das 18:00 horas. Nel intervendrán, ademáis do director e o bispo da diocese, os investigadores Xaquín Campo e María Elvira Lezcano, quenes presentarán oficialmente os seus traballos: un sobre unha panorámica da Igrexa ferrolá entre os anos 1963 e 2007 e o outro sobre a identidade cultural do santuario de Santo André de Teixido.
Corpus de traballos do novo volume
· Manuel Carriedo Tejedo: Los títulos dumiense, britonense y mindoniense (ss. VI-XII).
· Margarita Sánchez Yáñez: Construcción de la iglesia de San Julián.
· Xaquín Campo Freire: A Igrexa de Ferrol na lembranza actual dunha testemuña activa. Eu así a vivín de 1963 a 2007.
· Rodolfo Lois Ferradás Blanco: Coloquios y romaxes: La Iglesia gallega en estado de misión.
· Vicente González Radío y Benito Méndez Fernández: El fenómeno religioso en la Diócesis de Mondoñedo-Ferrol. Marco teórico y reflexión sobre los datos sociológicos del proceso de secularización contemporáneo (primera parte).
· Sergio Muíño Freire y María Elvira Lezcano González: Santo André de Teixido: converxencia entre identidade cultural e un futuro compartido.
· Antonio Aguayo Cobo y María Dolores Corral Fernández: Influencia de la Orden de Cluny en la decoración escultórica de San Martiño de Xuvia.
· Juan Antonio Sánchez Hernández: Estudio histórico-artístico del conjunto de pintura mural (presbiterio y transepto) y del retablo mayor de la Catedral de Nuestra Señora de la Asunción de Mondoñedo (Lugo).
· Pedro Javier González Rodríguez: Un crucifijo del taller de José Ferreiro en San Francisco de Viveiro.
· Pedro Javier González Rodríguez: La sillería de coro de la concatedral de Ferrol.
· Pedro Javier González Rodríguez: Una nueva obra del platero Domingo Antonio de Castro.
· Rafael Ángel García-Lozano: Inspiración de inspiración. El sello de Quintín de Torre en la obra de Raimundo Rubal.
· Daniel Pérez Murado: Santa Eulalia de Bóveda: contexto, arquitectura e iconografía.
· Ernesto Zaragoza Pascual: Reforma de los monasterios de Samos y de Monforte (1499).
· Ernesto Zaragoza Pascual: Pretensiones de Esteban de Camporamiro sobre el monasterio de Chantada y al arcedianato de Celanova en Ourense (1496).
· Jorge Viz González: Alicerces do Morgado da Casa de Raíndo.
· Roberto Reigosa Méndez: Un manuscrito encontrado. Coplas, canciones y letrillas recogidas o compuestas por Arturo Rivas Pérez en los meses anteriores a la Guerra Civil española.
· Juan José Varela Tembra: HADEWIJCH, Canciones. Una flor de Flandes al servicio de la literatura neerlandesa y de la Teología espiritual.
Máis información sobre a revista «Estudios Mindonienses» en www.estudiosmindonienses.es
Novo perfil nas redes sociais das bibliotecas diocesanas
Doutra banda, as bibliotecas diocesanas do Seminario de Mondoñedo e da Domus Ecclesiae de Ferrol ábrense paso no mundo das redes sociais coa apertura dun perfil conxunto en Instagram. Esta nova canle de comunicación permitiralles difundir as súas actividades e promocionar os seus valiosos fondos bibliográficos entre o público máis novo. O acceso pode facerse premendo no seguinte link instagram.com/bibliomondonedoferrol








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















