A Cátedra ten como finalidade fomentar o intercambio de saberes e experiencias nos campos da docencia, a investigación, a promoción humana e a cultura en xeral
Mons. Fernando García: “Todo este pasado conxunto xerou e segue xerando actividades para a mellora das persoas e da educación”
O Campus Industrial de Ferrol acolleu esta mañá o acto de firma do convenio polo que se crea a Cátedra “Diocese de Mondoñedo-Ferrol · Universidade da Coruña”.
O reitor da UDC, Julio Abalde, e o bispo da diocese, Fernando García Cadiñanos, asinaron o acordo, nun evento que contou coa presenza da vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla; o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya; e a nova directora da cátedra, Rocío Ameneiros, profesora da Facultade de Humanidades e Documentación; en representación deste centro acudiu a secretaria académica, Pilar Comesaña. Ademais, asistiron o responsable diocesano de Cultura, Benito Méndez Fernández, e Carlos Alonso Charlón, arquiveiro-bibliotecario da diocese.
Para o reitor da UDC, a creación desta cátedra “institucionaliza unha relación existente hai tempo entre as dúas institucións a través da facultade de Humanidades e Documentación e, en concreto, co grao en Xestión Dixital de Información e Documentación”. “A colaboración entre as dúas institucións é boa para o Campus Industrial de Ferrol e para a cidade, que ve como se aliñan as entidades para avanzar en beneficio da sociedade”.
Pola súa banda, o bispo García Cadiñanos aludiu tamén ás actividades realizadas conxuntamente entre a universidade e a diocese que derivou na creación desta cátedra. “Todo este pasado conxunto xerou e segue xerando actividades para a mellora das persoas e da educación”, declarou.
finalidade e obxectivos da cátedra
A cátedra ten como finalidade fomentar o intercambio de saberes e experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura en xeral. Os obxectivos que se plantexan serán os seguintes:
· Ofrecer un espazo formativo de reflexión plural sobre a aportación relixiosa á cultura europea.
· Promover o uso e investigación do patrimonio histórico-artístico e documental da diocese de Mondoñedo-Ferrol.
· Fomentar a conciencia social e a solidariedade real mediante a divulgación de distintas iniciativas de promoción humana no entorno.
· Escoitar, valorar e aproveitar as aportacións multidisciplinares que a Universidade pode ofrecer á Igrexa cara á súa misión de servizo a todos.
· Impulsar a investigación e a transferencia de coñecemento en Ciencias Humanas e Sociais, centrándose nas áreas de actuación de ambas institucións.
Comisión de seguimento, adscrición e duración
Unha comisión de seguimento velará polo cumprimento destes obxectivos. Esta comisión estará formada pola vicerreitora do Campus de Ferrol, a decana da facultade de Humanidades e Documentación, e a directora da cátedra, por parte da UDC. E por parte da diocese de Mondoñedo-Ferrol, os integrantes serán Benito Méndez Fernández, responsable diocesano de Cultura; María Victoria González Rodríguez, directora de Cáritas Diocesana; e Carlos Alonso Charlón, secretario-bibliotecario de Estudios Mindonienses.
O centro de adscrición da cátedra será a facultade de Humanidades e Documentación de Ferrol.
O convenio comezará a producir os seus efectos a partir da data da súa signatura, terá unha duración de tres anos e poderá ser renovado tacitamente por períodos de catro anos de non se manifestar en contra ningunha das partes.
traballo conxunto entre as institucións
A posta en marcha desta iniciativa complementa o traballo conxunto entre ambas institucións desde hai anos, como a celebración do I Congreso de Patrimonio Cultural da Diocese de Mondoñedo-Ferrol (1999); a cesión de parte do fondo de publicacións periódicas da biblioteca-hemeroteca da Domus Ecclesiae á Biblioteca Universitaria “Casa do Patín” (desde 1997); a realización de prácticas curriculares dos alumnos do grao de Información e Documentación da UDC no arquivo e na biblioteca especializada da Domus Ecclesiae de Ferrol (desde 2018); e a organización de visitas a espacios de especial relevancia patrimonial e cultural na diocese.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















