Organizada pola delegación de Peregrinacións, Santuarios e Camiño de Santiago, e os arciprestados de Ferrol e Xuvia, terá lugar a peregrinación “Visitación da Virxe María”. Desenvolverase o próximo 31 de maio, mércores, con saída desde a capela da Virxe da “O”, en Pedroso, ata a igrexa parroquial de San Sadurniño.
O planning contempla un xesto de envío na capela da “O” ás 17:30 horas. A continuación, inicio da peregrinación ata a igrexa de San Sadurniño (dous quilómetros de distancia), con chegada ás 18:30 horas. No templo rezarase o Rosario segundo o subsidio litúrxico que inclúe as peticións polo Sínodo remitidas pola Conferencia Episcopal. O regreso está previsto para as 19:30 horas. Contará coa presenza e participación do bispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos.
Ás 17:00 horas sairá un autocar desde a parada de Correos de Ferrol (Praza de Galicia), con parada fronte ao Concello de Narón.
A inscrición poderá realizarse ata o 26 de maio a través das parroquias/UPA, chamando ao teléfono 639 903 393 ou a través do correo electrónico peregrinaciones@mondonedoferrol.org







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















