O Seminario de Mondoñedo acollerá o Encontro Diocesano de Comezo de Curso 2024-25 o vindeiro sábado 26 de outubro, que acolle nesta ocasión o lema “Peregrinos de Esperanza [Xubileu 2025]” e ten o seguinte programa:
10.30 h. Oración inicial. Presentación da eDe e dos ministerios laicais.
11.30 h. Descanso.
12.00 h. Obradoiros:
1. Familia e Primeiro Anuncio
2. Comunidades acolledoras e misioneiras
3. Sinodalidade e corresponsabilidade [Consellos]
4. Para quen son eu? [Cultura vocacional]
5. Sostemento económico e transparencia
6. Para entender as UPA
7. Acompañar e ser acompañados
8. Peregrinar en Esperanza [Ano Xubilar 2025]
9. Amigos do Señor [Adoración e oración eucarística]
10. A cuestión social [Semanas Sociais]
11. Experiencias de Primeiro Anuncio
12. Obradoiro Vocacional
13.30 h. Xantar
16.00 h. Concerto [Rubén de Lis]
17.30 h. Celebración da Eucaristía (presidirá o bispo Fernando García Cadiñanos)
Como indica a organización, é moi importante inscribirse na parroquia ou no arciprestado ata o xoves día 24. No Seminario ofrécese a posibilidade do xantar, con prazas limitadas. Tamén se pode levar a comida para compartir. Pola saúa banda, o transporte organízase desde cada arciprestado. Tamén haberá espazos e actividades para nenos e mozos.
Vémonos moi pronto en Mondoñedo!









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















