“El Espejo” (18.10.2024): Escola Diocesana de Evanxelización + DOMUND + Rubén de Lis en Ferrol

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 18 de outubro de 2024. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Gonzalo Varela, vigairo xeral

Co noso vigairo xeral, Gonzalo Varela, falamos dunha das noticias da semana: a posta en marcha da nova Escola Diocesana de Evanxelización, un espazo formativo para para compartir a nosa fe e sentirnos comunidade cristiá. A quen vai dirixida, como vai ser a su estrutura e como vai funcionar desde xa nas nosas parroquias e UPA… todo isto coñecerémolo de primeira man no programa de hoxe. Non o perdades!


Para pensar: «Id e invitad a todos al banquete»

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade relixiosa ou delegación da nosa diocese. Durante este mes de outubro encárgase o equipo da delegación diocesana de Migrantes, Refuxiados e Trata.


Horizontes desde Loiba

Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas