Presentación literaria na gran festa do irmanamento entre as cidades de Mondoñedo e Ferrol

  • O escritor fenés Ramón Loureiro presentará a súa última novela, “La bendición de las estrellas”, unha emocionada reivindicación da Galicia do Norte

No marco dos actos de renovación dos lazos de irmandade entre Mondoñedo e Ferrol, o vindeiro 18 de outubro, día grande de As San Lucas, incluirá, no Concello de Mondoñedo, ás 12:30 horas, a presentación dunha obra na que están especialmente presentes as dúas cidades.

Trátase do novo libro de Ramón Loureiro, “La bendición de las estrellas”, unha obra publicada pola editorial madrileña Sr. Scott que está a recibir “o maior dos entusiasmos da crítica especializada en todo o país”. Loureiro, Premio Nacional de Periodismo Julio Camba, é o autor de “Las galeras de Normandía”, unha das obras centrais da narrativa hispana contemporánea; un libro, este, no que tanto Ferrol como Mondońedo están tamén moi presentes.

Na presentación, á que asistirán o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, o de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos, quen, por certo, tamén aparece nas páxinas de “La bendición de las estrellas”, libro que, en palabras do seu autor, por riba de calquera outra cousa, “é unha fermosa, lúcida e emocionada reivindicación desta Galicia do Norte nosa que ten as súas capitais en Mondoñedo e en Ferrol”.

Ramón Loureiro (Sillobre, Fene, 1965) compaxina a creación literaria co xornalismo, profesión, esta última, que exerce desde hai case corenta anos. Académico de número da Academia de San Rosendo e home firmemente comprometido coa realidade diocesana de Mondoñedo-Ferrol, está considerado pola crítica literaria hispana como un dos grandes anotadores das letras do noso tempo.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas