Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 10 de outubro de 2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Bruno González, especialista en migración e rehabilitación social
Achegámonos hoxe á pastoral penal porque nesta semana tivo lugar en Madrid o encontro de apeláns e delegados e porque, ademáis, este sábado comeza o curso na nosa diocese cunha xornada de presentación. O departamento de Pastoral Penal representa o gran compromiso de voluntarios e capeláns que realizan nas oitenta e oito prisións que hai en España, un traballo de acompañamento cos internos e coas suas familias. Para falarnos disto contamos con Bruno González Mauriz, quen vai ser o relator da xornada diocesana deste sábado.
Entrevista: José Rey, delegado da Pastoral da Carretera
A vindeira semana a nosa diocese acollerá as Xornadas Nacionais de Delegados de Pastoral da Carretera, organizadas pola delegación de Pastoral da estrada da Conferencia Episcopal Española. E aínda que o lugar do encontro será o Seminario de Mondoñedo, a Domus de Ferrol acollerá a xornada da mañá do mércores. Haberá tempo para o encontro fraterno e para as visitas patrimoniais. Para contarnos sobre esta edición estivemos co sacerdote diocesano José Rey, delegado diocesano.
Para pensar: “Los hermanos ibéricos”
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de outubro encárgase o seminarista diocesano Andrés Segura.
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación




Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.























