Presentada a actualización do Plan Diocesano de Unidades Pastorais

Co comezo do novo curso pastoral, e tras a importante novidade da reestruturación dos arciprestados, anunciada o 1 de setembro, a diocese dá un novo paso: a publicación da segunda edición do Plan Diocesano de Unidades Pastorais, un documento que pretende completar ao publicado no ano 2020, tendo en conta xa esta recente reestruturación arciprestal.

Tanto as unidades pastorais como os arciprestados están chamados a complementarse e retroalimentarse. Neste sentido, na presentación do novo documento, o bispo García Cadiñanos insistíu en que “todos somos conscientes do urxente que é a conversión pastoral á que estamos convocados”. Unha conversión que pasa por formas, estilos, estruturas e horarios, “cambiando”, subliñou, “aquilo que xa non nos serve, que é prescindible, que podemos variar porque é caduco… para que o importante, o fundamental, a esencia da mensaxe chegue a todos da mellor maneira posible“. Nese sentido sitúanse as estruturas pastorais, como instrumentos que axudan á evanxelización.


A principal novidade: un itinerario pastoral

Con esta actualización preténdese ofrecer pistas que axuden a comprender, tanto aos laicos, aos sacerdotes e á vida consagrada, o que buscamos, podemos e debemos ir facendo entre toda a comunidade diocesana sinodalmente.

A principal novidade é a inclusión dun itinerario pastoral que axudará a acompañar o camiño xa iniciado. Nel desenvólvense e amplíanse apartados como a identidade das UPA (definición, fins, perfil, modelos); a súa organización; pasos para a formación; accións evanxelizadoras a promover; pasos no acompañamento; e outras cuestións para ter en conta, como a residencia dos sacerdotes, os libros parroquiais e arquivo, asuntos económicos e o mantemento e a conservación dos templos.

Trátase dun itinerario preparado polos diversos consellos e equipos diocesanos, co desexo de que se erixa como unha especie de compás para seguir avanzando.

PARA DESCARGAR
Plan de Unidades Pastorais – Español
Plan de Unidades Pastorais – Galego

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas