Como ben sabedes, o próximo ano 2025 celébrase o Ano Xubilar en Roma. Se Deus quere, está previsto realizar unha peregrinación de toda Galicia a Roma. Como preparación ao mesmo, o Papa desexa que este ano o dediquemos á oración. Esta invitación encaixa ben no noso Plan Diocesano de Pastoral. O noso obxectivo é conseguir ser discípulos misioneiros e, para iso, unha das nosas prioridades era “coidar a experiencia de fe a nivel persoal e comunitario”. No Plan convidabamos a “formarnos na experiencia de oración, coidando espazos, encontro e grupos xa desde nenos”.
Aínda que certamente poñamos este acento máis durante o vindeiro curso, xa que este ano temos o tema dos ministerios laicais e o diaconado permanente, convídovos a que o poidades ir acollendo ou estudando nas vosas actividades.
Nós, a nivel diocesano, farémolo da seguinte maneira:
· A xornada das 24 horas para o Señor, coa Festa da Misericordia no Seminario de Mondoñedo que celebraremos o 9 de marzo, estará centrada en formas de oración diversas.
· As xornadas de Poio de comezo de curso para os sacerdotes tamén se centrarán nesta temática.
· A asemblea diocesana de comezo do próximo curso tamén a centraremos nesta cuestión.
· Desde a Conferencia Episcopal Episcopal vai editar unha serie de pequenos cadernos sobre a oración, editados pola BAC, que se poden dialogar en grupos de formación de laicos.
Convidámoste tamén a que coñezas e difundas/acollas na túa comunidade algúns dos grupos e experiencias que existen na nosa diocese que están centrados na oración:
* Adoración Nocturna: máis información en rubenamor_2000@yahoo.es
* Talleres de Oración e Vida: máis información en owshanda@hotmail.com
* Oración de Madres: máis información en laicos@mondonedoferrol.org
* Oración en familia: máis información en laicos@mondonedoferrol.org
* Oratorio de nenos: máis información en cdadribadeo@hijasdelacaridad.org
Como vedes, son algunhas propostas que nos poden axudar a prepararnos para o Xubileu. Sen dúbida, seguiremos falando delas de cara ao próximo ano. Os meus mellores desexos neste camiño coresmal.
O voso irmán e amigo.
+ Fernando García Cadiñanos
Bispo de Mondoñedo-Ferrol







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















