Reunión dos obispos de Galicia en Lobios

Durante a xornada do 20 de marzo, os bispos da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela reuníronse na diocese de Ourense para manter o seu habitual encontro de traballo sobre asuntos de interese común para as dioceses galegas. Ademais da reunión de traballo desenvolvida en Lobios, durante a súa estancia visitaron a vila de Celanova e Santa Comba.

Nesta ocasión, o encontro tivo un momento de confraternización no que tamén participaron os bispos eméritos de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio Barrio, e o de Tui-Vigo, monseñor Luis Quinteiro. Tamén asistiu o secretario da provincia eclesiástica de Santiago, o sacerdote José Andrés Fernández Farto.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas