A vigairía para a Caridade da nosa diocese fainos chegar diversos materiais para a celebración do Tempo da Creación, do 1 de setembro ao 4 de outubro. Trátase dun tempo que comeza o Día Mundial de Oración polo Coidado da Creación e péchase o día de San Francisco de Asís, patrón da ecoloxía. Durante este período, os cristiáns renovamos en todo o mundo a nosa fe no Deus creador, uníndonos dun xeito especial na oración e a tarefa a favor da defensa da casa común.
Xunto coa mensaxe que o bispo diocesano escribiu para a ocasión, publicada onte, sumamos diferentes propostas para que nas UPA e parroquias da diocese se poidan organizar encontros ou eventos. Son as seguintes:
Roteiro, coloquio e cea en Vilarrube
A primeira das propostas responde a un roteiro guiado “para a conversión ecolóxica”, dun pouquiño más de cinco quilómetros de distancia entre o encoro das Forcadas e a igrexa parroquial de San Martiño de Vilarrube (Valdoviño). Desenvolverase o venres 13 de setembro, con saída desde o Centro Cívico de Canido (Ferrol) ás 17:00 horas, onde se compartirán vehículos para o traslado ao punto de comezo da andaina. Na chegada farase un coloquio e compartirase unha pequena merenda-cea (cada un dos participantes levará a súa). A organización recomenda a utilización de ropa cómoda e adaptada ás condicións metorolóxicas do día, así como chalecos reflectores para garantir a seguridade persoal. A finalidade desta actividade é favorecer a reflexión sobre a situación do planeta e o noso compromiso persoal na construcción dun mundo mellor.
Proposta fotográfica
“O mundo canta un amor infinito, como non coidalo?” (Número 65, Laudato Deum, Papa Francisco, abril (2023).
A segunda proposta é unha invitación a compartir unha foto de calquera punto da diocese de Mondoñedo-Ferrol que suxira dar grazas a Deus pola creación e o seu coidado, á que se lle poñería como título a expresión do papa Francisco recollida no parágrafo anterior.
Pautas para participar:
· Todas as fotografías serán en formato dixital (JPG ou TIFF) coa maior calidade posible e enviaranse ao email: mgonzalez@caritasferrol.es
· Co envío da fotografía indicarase: co maior detalle posible, o lugar onde foi tomada, así como os datos do autor (nome e apelidos, DNI, dirección postal completa, código postal, email e teléfono de contacto; e no caso dos menores, adxuntarase o permiso do titor).
· Non se aceptarán copias de fotografías publicadas, só se recollerán fotografías orixinais.
· O envío da fotografía conleva a cesión á diocese de Mondoñedo-Ferrol dos dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación sobre as obras fotográficas, que poderán aparecer na web e as redes sociais.
· As fotografías nas que aparezan persoas recoñecibles deberán ir acompañadas, se se precisa, dunha autorización sobre o uso da súa imaxe.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















