San Aníbal e Cáritas Diocesana asinan un acordo de colaboración para dotar de novos servizos sociais a A Mariña

As Fillas do Divino Celo RogacionistasCáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol estableceron un convenio marco co obxectivo de enmarcar e coordinar actuacións conxuntas en favor da infancia, xuventude e as súas familias.

Compartindo o seu desexo de traballar conxunta e coordinadamente, as dúas institucións suman, deste xeito, esforzos para establecer camiños de actuación que favorezan e incrementen a consecución do obxectivo común de promover o desenvolvemento integral humano, contribuir á transformación social e individual das persoas excluídas e vulnerables e combater as causas da pobreza e a violencia.

Ámbalas dúas entidades valóranse e recoñecen o traballo desenvolvido e desexan colaborar en proxectos socioeducativos e psicosociais en favor da infancia, xuventude e as súas familias no territorio desta diocese.

A raíz deste convenio, estase a traballar xa de forma conxunta en proxectos concretos para a súa implantación en localidades de A Mariña.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas