Próximos a celebrar a solemnidade de Pentecoste, que é tamén o Día da Acción Católica e do Apostolado Seglar, a delegación diocesana de Laicos, Familia e Vida e o equipo diocesano de Acción Católica Xeral preséntannos esta xornada que ten como lema “Testemuñas de esperanza no mundo”, en consonancia co Ano Xubilar 2025.
Desde a Conferencia Episcopal Española convídasenos a cultivar a virtude teologal da esperanza, que, como di san Paulo, atopa o seu fundamento no amor de Deus que se nos deu a través do Espírito Santo.
A vocación da Igrexa é a misión, o anuncio explícito de Xesucristo con palabras e con obras. É moi importante, segundo indica Mar Sarmentero, delegada de Laicos, “que descubramos que a misión de anunciar a Xesucristo témola que realizar xuntos, en clave de sinodalidade”. Aínda que todos somos misioneiros polo bautismo recibido e a tarefa do primeiro anuncio correspóndelle a todo o pobo de Deus, non hai que esquecer, subliña Sarmentero, “que os laicos estamos chamados dun modo particular a ser testemuñas do Evanxeo no corazón do mundo (na familia, no traballo, no ámbito educativo, na política, nos medios de comunicación…)”.
Desde a delegación teñen previsto publicar un video (6 de xuño) no que mostrarase como distintos movementos e asociacións de laicos, impulsadas polo Espírito Santo, saen ao mundo para anunciar a Xesucristo e ser testemuñas da esperanza cristiá no mundo. Ademáis, están dispoñibles nas parroquias os carteis anunciadores da Xornada.
Materiais para a reflexión, subsidios, vixilia e catequese
A Comisión Episcopal para os Laicos, Familia e Vida ofrece para a celebración desta Xornada materiais para a reflexión, subsidio litúrxico para o monitor e o celebrante, material para a celebración da vixilia de Pentecoste, ademáis de catequese para adultos, novos e nenos.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















