- O movemento diocesanos de Cursillos de Cristiandade organiza unha nova edición aberta a todas as persoas interesadas
- A actividade desenvolverase do 3 ao 5 de xullo e as inscricións estarán abertas ata o 27 de xuño
O Seminario de Mondoñedo acollerá do venres 3 ao domingo 5 de xullo unha nova edición dos Cursillos de Cristiandade, unha proposta dirixida a todas aquelas persoas que desexen facer unha pausa no ritmo cotián e abrir un espazo de encontro persoal coa fe.
Durante tres días, os participantes poderán vivir unha experiencia de reflexión, convivencia e redescubrimento do esencial da vida cristiá. O cursillo propón un tempo para parar, escoitar e reencontrarse con Deus, desde unha vivencia comunitaria e próxima.
Esta iniciativa, promovida polo movemento diocesano de Cursillos de Cristiandade, ofrece a oportunidade de profundar no amor de Deus e de achegarse de maneira sinxela ao núcleo da mensaxe cristiá, nun ambiente acolledor e participativo.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través do formulario en liña habilitado pola organización:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfyyyMUyhbZ3SXWGf80-7hkY_QkVTY_1KFYo1JIJG7W_HBfUw
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 27 de xuño.
[Portada: J. Reis]









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















