Este martes 6 de febreiro os centros sociais que as Hijas del Divino Celo-Rogacionistas coordinan en Burela recibiron a visita de secretaria xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. Sandra Vázquez Domínguez, quen veu en compañía de Manuel Rouco López (concelleiro e voceiro do PP da localidade), foi recibida por la directora titular da institución, a relixiosa Martina Sendino, e os integrantes do equipo directivo, Jesús Iglesias, Manuel Sánchez e María Gato.
Vázquez percorreu as instalacións do Centro de Atención de Día, Centro de Acollida e Inclusión Social e Casa de Familia, recibindo as oportunas explicacións por parte da directiva da entidade, coa que tamén mantivo unha reunión de traballo para estudar posibles proxectos de colaboración.
A secretaria xeral da Igualdade valorou moi positivamente o traballo que se fai e o estado das instalacións, con especial interese polo funcionamento do Centro de Acollida e Inclusión Social María Nazarena, adicado preferentemente a mulleres en situación de vulnerabilidade con menores a cargo.
Fonte: Comunicación – Hijas del Divino Celo
Na compaña de Manuel Rouco, voceiro do PP de Burela, a secretaria xeral da Igualdade tivo oportunidade de coñecer as instalacións dos nosos Centros: Atención de Día, Casa Familia e tamén o de Acollida e Inclusión Social. pic.twitter.com/45sw8HAZQQ
— Hijas del Divino Celo (@HijasDivinoCelo) February 6, 2024