As delegacións do Clero de Galicia organizan as XXIX Xornadas de Poio (Pontevedra), do 11 ao 13 de setembro, baixo o lema «Ser testemuñas nunha sociedade cambiante».

A programación contempla, para o luns 11, dous relatorios a cargo de monseñor Luis Javier Argüello, arcebispo de Valladolid: “Instrumento de traballo pastoral sobre persoa, familia e sociedade” e “A Igrexa, construtora do ben común”, e outros dous relatorios nos que o xornalista Jesús Fontenla falará da comunicación na e da Igrexa.
O martes 12, na xornada de mañá, desenvolveranse dous novos relatorios; dunha banda, Xosé Manuel Domínguez Prieto, director do Instituto da Familia de Ourense, tratará o tema do “Evanxeo da familia na situación actual”; e doutra, Xosé Luis Barreiro Barreiro, profesor de Historia da Filosofía, da misión da “Igrexa nunha sociedade democrática en crise”.
O último día, o mércores 13, contempla os relatorios de Cástor Vázquez, comisario de Policía, sobre “Situacións críticas no estado de benestar” e do bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco, titulado “Crise da educación na sociedade contemporánea”.
? #XornadasClero
O bispo Fernando García encabeza a representación diocesana @mondonedoferrol, xunto cos sacerdotes Ramón Antonio López, José Rey e Antonio Rodríguez pic.twitter.com/amayfCoMLZ— Diócesis de Mondoñedo-Ferrol (@mondonedoferrol) September 11, 2023







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















