O vindeiro sábado 18 de marzo celebrarase a Festa da Misericordia organizada pola Vigairía para a Caridade. É un encontro no que estamos convocados todos os fieis da diocese para a celebración da misericordia de Deus a través do sacramento da penitencia e doutras iniciativas. Nesta ocasión faise unha invitación especial a participar en familia. Haberá tamén talleres especiais para nenos e mozos (de forma paralela ao encontro de adultos).
O acto comezará ás 11:00 horas na catedral de Mondoñedo. Iniciarase cunha pequena motivación á que seguirá a celebración comunitaria do sacramento da penitencia presidida polo bispo diocesano, monseñor Fernando García. Paralelamente, ás 12:00 horas, nas salas do Seminario, desenvolveranse diferentes experiencias de misericordia que teñen lugar na nosa Igrexa diocesana. Están organizadas polas delegacións de Cáritas, Pastoral Penal e outras entidades eclesiais. Os participantes poderán pasar por algunhas delas para coñecer mellor a actividade da diocese respecto diso e poder así gozar e testemuñar mellor a misericordia recibida. O acto concluirá cun xesto comunitario e un acto de envío. Posteriormente terá lugar a comida nos salóns do Seminario.
Nesta ocasión, para comer, pódese optar por dúas modalidades. Aquelas persoas que desexen comer a comida do Seminario terán que apuntarse antes do día 10 de marzo no Whatsapp 616 281 811 ou no email vic.caridad@mondonedoferrol.org. Os demais poderán levar a súa propia comida para compartir se se desexa. Con todo, convén avisar na parroquia respectiva para preparar convenientemente a xornada. Desde as UPA e os arciprestados estanse a preparar autobuses organizados.
Trátase dunha cita tradicional na nosa diocese de Mondoñedo-Ferrol, desde o Ano da Misericordia. O que pretende é convocarnos para a celebración da misericordia nun día do tempo de Coresma.
Iniciativa do Papa “24 horas para o Señor”
Esta xornada faise coincidir coa iniciativa do Papa “24 horas para o Señor” que busca a preparación á Pascua a través da celebración do sacramento da penitencia e da adoración ante o Santísimo, abrindo para iso algunhas igrexas durante toda unha xornada. Na nosa diocese farase de maneira alternativa por todo o territorio diocesano nunha programación que se dará a coñecer nos vindeiros días.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















