As delegacións de Pastoral Penal de Galicia realizarán o seu encontro anual o vindeiro sábado 11 de marzo en Santiago de Compostela. Ao encontro están convocados todos os voluntarios que participan nesta pastoral que trata de achegar a liberación e a misericordia ao ámbito dos cárceres, así como acompañar ás familias e propoñer á comunidade cristiá e á sociedade en xeral propostas de acollida e reinserción. Trátase do noveno encontro que organizan.
Nesta ocasión centraranse no tema “Outro cumprimento de pena é posible“, ao fío do Congreso Nacional de Pastoral Penal que, a nivel nacional, celebrouse en Madrid o pasado mes de novembro.
A Pastoral Penal da Conferencia Episcopal Española está acompañada polo noso bispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos.
Os interesados en participar neste encontro ou aquelas persoas máis sensibles á realidade do cárcere que desexen participar, pódeno facer a través dos contactos oficiais das delegacións.
10 e 11 de marzo, Xornadas de Pastoral Penal para axudar a normalizar a vida en liberdade
“Como normalizar a miña vida en liberdade” é o tema que vai centrar este ano as xornadas da área social de Pastoral Penal. O encontro terá lugar en Madrid o 10 e 11 de marzo.
Despois dos saúdos iniciais e a presentación das xornadas, ao redor das 17.00 horas, dará comezo o primeiro relatorio. A traballadora social do centro penal de Estremera, en Madrid, Laura Andrés Martínez, explicará como normalizar a vida en liberdade a través do legal.
Para esa mesma tarde organizouse unha mesa redonda na que se vai a dialogar sobre as dificultades para normalizar a vida das persoas que saen en liberdade. Van intervir, Gemma Pérez Torres, da fundación Social Hijas de la Caridad; Mariano Valera, concelleiro de Igualdade, Dereitos Sociais, e Inclusión no concello Elxe; e Sonia Barreda, delegada de Pastoral Penal de Segorbe-Castellón. Tamén se programou un tempo para as reunións por grupos e a posta en común.
Para o sábado 11 de marzo exporase un interrogante: E despois do cárcere, que? A profesora da Universidade Rey Juan Carlos, María Marta Albert Márquez, dará unha resposta desde a reflexión. Despois, un home e unha muller xa en liberdade tamén darán a súa resposta, pero desde o seu testemuño de vida.
Antes do peche das xornadas informarase sobre o estado actual da Pastoral Penal en España e sobre as tres áreas de traballo: relixiosa, social e xurídica.
Fotografía: M. Ansley
? Xa coñecemos a convocatoria da 9º Encontro Interdiocesano da #PastoralPenitenciaria de #Galicia!
Será o vindeiro 11 de marzo en #Santiago@DioceseSantiago @dtuivigo @DioceseLugo @ObispadoOurense @PastoralSocial9 https://t.co/u0Bp5uDhbD pic.twitter.com/L6ykHaZPnK
— Diócesis de Mondoñedo-Ferrol (@mondonedoferrol) February 15, 2023







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















